Vodas e eventos
Toda a información para os teus convidados nunha soa ligazón: confirmación de asistencia, horarios, como chegar, aloxamento e fotos. Deseñada ao voso gusto.
Organizar unha voda ou un evento xa é traballo dabondo como para responder cen veces a «a que hora é?» ou «onde se aparca?».
Cunha web propia, os teus convidados teñen todo á man e ti ves en tempo real quen vén, con cantos acompañantes e se ten algunha alerxia ou necesidade especial.
Formulario con acompañantes, menú e comentarios. Recibes as respostas ordenadas nunha lista.
Mapa, aparcamento, transporte e aloxamentos próximos, todo nun mesmo sitio.
Compartide as vosas fotos antes do gran día e recollede as dos convidados despois.
Unha invitación bonita para enviar por WhatsApp ou imprimir, cun código QR que abre a web.
Contádesme como é o voso evento, o estilo que vos gusta e que precisan saber os vosos convidados.
Prepárovos unha proposta visual coas vosas fotos e cores.
Publicamos a web cunha ligazón doada de compartir e a invitación dixital lista para enviar.
Deixamos a galería aberta para reunir e compartir as fotos de todos.
Cada evento é distinto. As webs para vodas e eventos comezan en dende 99 €. Contádeme que precisades e prepárovos un orzamento pechado.
Pedir orzamentoO ideal é tela lista cando enviades as invitacións. Se ides xustos de tempo, contádemo e vémolo.
Si: comuñóns, aniversarios, cumpreanos, xornadas de empresa, congresos ou festas. Calquera evento con convidados que precisen información.
Non. É unha web normal: abren a ligazón dende WhatsApp ou escanean o QR e listo.
Pode selo. Protexémola con contrasinal e indicámoslle a Google que non a mostre nos seus resultados.
Podemos mantela como recordo coa galería de fotos durante o tempo que acordemos, ou pechala.
Contádeme a data e o que tedes en mente, e prepárovos unha proposta.