Consultoría tecnolóxica
Axúdote a escoller ben antes de investir: que ferramentas usar, que desenvolver, que provedor contratar e como medrar. Como ter un CTO ao teu carón, sen o custo dun a tempo completo.
Traballo como CTO e cofundador dunha startup e desenvolvo proxectos para clientes en España, Dinamarca e Suecia. Sei o que custa construír e manter un produto dixital, e tamén onde se adoita tirar o diñeiro.
A miña consultoría é independente: non vendo licenzas nin cobro comisións de provedores, así que che recomendo o que che convén a ti.
Reviso a túa web, os teus sistemas e os teus procesos, e entrégoche un informe claro con prioridades.
Un plan por fases, con custos estimados, para dixitalizar a túa empresa sen pasos en falso.
Para startups e empresas sen equipo técnico: arquitectura, decisións e xestión de provedores.
Un desenvolvemento atascado ou un provedor que non responde? Analizo o código e propóñoche como saír adiante.
Boas prácticas de seguridade, copias de seguridade e protección de datos á medida da túa empresa.
Onde aloxar os teus sistemas: provedores europeos, Google Cloud ou unha combinación de ambos.
Cóntasme a túa situación e os teus obxectivos.
Reviso os teus sistemas, os teus datos e o teu xeito de traballar.
Preséntoche un informe claro e comentámolo xuntos.
Se queres, acompáñote na execución ou coordino os provedores.
Consultoría a 50 €/hora. Auditoría tecnolóxica con informe por escrito dende 390 €. CTO a tempo parcial con bono de 10 horas ao mes por 450 €.
Pedir orzamentoBlog
Empregado fixo, autónomo ou axencia: cada opción ten custos, prazos e riscos distintos. Aquí explicámolo sen rodeos para que poidas decidir.
Blog
O programa Kit Digital repartiu máis de 3.400 millóns de euros entre pemes españolas. Pero moitas recibiron webs de plantilla inútiles. Explicámosche por que o sistema fallou e que facer en cambio.
Blog
Zero Trust non é un produto, é unha filosofía de seguridade. Aprende os principios fundamentais e como comezar a implementalos hoxe.
Blog
Angular proporciona a estrutura, as ferramentas e a escalabilidade que os equipos empresariais necesitan para construír aplicacións mantibles a longo prazo.
Para autónomos, pemes e startups que queren tomar decisións tecnolóxicas con criterio, teñan ou non equipo técnico.
Si. Traballo en remoto con clientes de toda España e Europa, e en persoa no Barbanza, Arousa e Santiago.
Alguén que asume o papel de director técnico unhas horas ao mes: decide a arquitectura, revisa o traballo dos provedores e axúdache a planificar, sen o custo dun posto completo.
Perfecto, pero non é obrigatorio. O informe é teu e podes executalo con quen queiras.
Cóntama. Nunha primeira chamada dígoche como o vexo.