Control horario e fichaxe

Fichar ten que ser cousa dun toque

Unha app de rexistro de xornada pensada para pemes: o equipo ficha dende o móbil, ti ves quen está traballando, as horas da semana e as correccións, e exportas o rexistro nun clic.

O rexistro de xornada, sen papeis nin follas soltas

Dende 2019 todas as empresas teñen que rexistrar cada día a hora de entrada e de saída do seu persoal e gardar ese rexistro catro anos. Moitas pemes seguen facéndoo en papel ou nunha folla de cálculo que ninguén revisa ata que chega unha inspección.

Ademais, o Goberno prepara un real decreto para que o rexistro sexa dixital, con acceso para a Inspección de Traballo e con historial de cada corrección. Unha app sinxela déixate preparado e, de paso, amósache cantas horas se traballan de verdade.

Que consegues

Fichaxe nun toque

Entrar, pausa e saír dende o móbil. No taller só se pode fichar dentro; os comerciais fichan onde estean e queda o lugar.

Quen está traballando

O responsable ve ao momento quen entrou, quen está en pausa e quen non fichou.

Correccións con historial

Se alguén se esquece de fichar, pide a corrección e queda rexistrado quen a aprobou e por que.

Excel nun clic

Horas por persoa e semana, horas extra e un custo estimado para a xestoría.

Que inclúe

  • App de fichaxe para móbil e tableta, sen pasar pola tenda de aplicacións
  • Panel do responsable co estado do equipo en tempo real
  • Quendas, xornadas parciais e varios centros de traballo
  • Solicitude e aprobación de correccións con historial
  • Exportación a Excel e vista de só lectura para a Inspección de Traballo
  • Usuarios con permisos e aloxamento en servidores europeos

Como a poñemos en marcha

1

Conversa

Cóntasme como son os horarios, quendas e centros da túa empresa.

2

Configuración

Adapto a app aos teus horarios e dou de alta o teu equipo.

3

Proba

Unha semana de proba co teu equipo antes de usala en serio.

4

En marcha

Formación curta para o responsable e soporte as primeiras semanas.

Se o precisas, tamén

  • Fichaxe con código QR na entrada ou en cada obra
  • Vacacións, ausencias e permisos
  • Envío automático do informe mensual á xestoría
  • Conexión co teu programa de nóminas ou de facturación

Próbaa agora

Esta é unha app de exemplo para unha empresa inventada. Proba a fichar dende fóra do taller ou como comercial noutra vila e mira como cambia o panel do responsable. Non se garda nada.

Demo de control horario: móbil do traballador e panel do responsable
O móbil do traballador e o panel do responsable
Fichaxe dun comercial no móbil co lugar de entrada e de saída
Comerciais: fichaxe co lugar

Canto custa?

Depende do número de persoas, quendas e centros de traballo. Dou un prezo pechado con IVE incluído para a posta en marcha e unha cota mensual pequena polo aloxamento e o mantemento, sen permanencia.

Pedir orzamento

Preguntas frecuentes

É obrigatorio levar o rexistro de xornada?

Si. Dende 2019 o Estatuto dos Traballadores obriga a rexistrar cada día o inicio e o fin da xornada e a gardalo catro anos. Hai un real decreto en preparación para que o rexistro sexa dixital.

Os traballadores teñen que instalar unha app?

Non é necesario: ábrese dende o navegador do móbil e gárdase na pantalla de inicio coma unha app. Tamén se pode fichar dende unha tableta na entrada.

Contrólase a localización do traballador?

Só no momento de fichar e segundo o posto. Nun centro fixo a app comproba que estás dentro da zona; con comerciais ou traballo fóra garda o lugar de entrada e de saída. Nunca segue a ninguén durante o día e sempre se informa ao equipo.

Serve para varios centros ou obras?

Si. Cada persoa pode fichar no centro ou na obra onde estea ese día.

Como rexistrades hoxe as horas?

Cóntamo e amósoche como quedaría co teu equipo.