Comercio local
Monto o escaparate online do teu comercio: catálogo, pedidos por WhatsApp ou tenda online completa, e unha ficha de Google Maps que te faga aparecer cando buscan o que vendes na túa vila.

O cliente de hoxe mira no móbil antes de saír da casa: se tes o que busca, a que hora abres e canto custa. Se non te atopa, merca nunha gran plataforma aínda que ti o teñas a dúas rúas.
Non fai falla empezar cunha tenda enorme. Moitas veces abonda cunha boa ficha de Google, un catálogo cos teus produtos estrela e a opción de pedir por WhatsApp e recoller na tenda. Se funciona, medramos.
Horarios, fotos, produtos e recensións para aparecer nas buscas da túa zona.
Os teus produtos nunha web sinxela e o pedido chega ao teu móbil.
Pagamento con tarxeta e Bizum, envíos e recollida na tenda.
Que o que vendes no mostrador e online saia do mesmo stock.
Estudio dixital en Rianxo para todo o Barbanza: páxinas web, tendas online, software á medida e SEO local para negocios de Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son.
Deseñador web en Rianxo: páxinas web dende 199 €, apps e automatización para negocios de Rianxo e as súas parroquias. Trato en persoa, sen intermediarios.
Páxinas web dende 199 €, tendas online e SEO local para negocios da Pobra do Caramiñal: hostalaría, comercio, conserva e mar. Preto de ti, con trato en persoa.
Páxinas web, tendas online, software e SEO local para empresas de Vilagarcía, Cambados, O Grove, Sanxenxo e toda a ría de Arousa. Prezo pechado e trato directo.
Paso pola túa tenda, vemos que produtos teñen máis saída e montamos a solución que encaixe co teu tempo e o teu orzamento.
Blog
Cando alguén busca «fontaneiro preto de min», o primeiro que ve é o mapa. Explicámosche como crear a túa ficha de Google, verificala e facer que apareza.
Blog
Facenda anunciou outro aprazamento, pero a data legal segue a ser xullo de 2027. Explicámosche que é Veri*Factu, a quen afecta e que facer agora sen agobios.
Blog
Desde 199 € unha web sinxela ata máis de 1.000 € unha web a medida. Explicámosche que inflúe no prezo, que gastos adoitan quedar fóra do orzamento e como comparar ofertas.
Empezamos cos produtos máis vendidos e déixoche un sistema rápido para engadir o resto aos poucos. Tamén podo facer eu a carga inicial.
Non. Podes vender só na túa zona con recollida na tenda ou reparto local, e abrir envíos máis adiante.
Conectamos a tenda co teu programa de facturación para que as vendas online se facturen igual cás do mostrador.
Cóntamo e dígoche por onde empezar a vender online sen complicarte.