Deseño web en Rianxo
A miña oficina está en Rianxo. Se tes un negocio na vila ou nas súas parroquias, podemos vernos en persoa e facer a túa web sen intermediarios, dende 199 €.
Rianxo vive do mar, da hostalería, do comercio de sempre e dun turismo que medra cada verán. Todos eses negocios teñen algo en común: os seus clientes búscanos primeiro en Google e no móbil.
Traballo con negocios de Rianxo, Asados, Taragoña, Leiro, Isorna e Araño para que aparezan en Google, teñan unha web rápida e reciban reservas, pedidos ou chamadas sen complicacións.
Carta dixital, reservas, horarios e ligazón directa a Google Maps.
Fotos que venden, dispoñibilidade e reservas directas sen comisións de terceiros.
Escaparate en liña, catálogo e pedidos por WhatsApp.
Unha web clara que transmita confianza e facilite pedir cita.
Webs rápidas, claras e preparadas para Google, dende 199 €.
Confirmación de asistencia, horarios, mapa, fotos e invitación dixital nunha soa ligazón, dende 99 €.
Apps para iOS e Android con React Native, ou apps web máis económicas.
Menos tarefas repetitivas: facturas, correos, informes e asistentes cos teus datos.
Escríbeme antes por WhatsApp e quedamos na miña oficina ou no teu negocio, o que mellor che veña.
Ver en Google MapsSi, na miña oficina de Rianxo ou no teu propio negocio. Tamén por videochamada se che resulta máis cómodo.
Si. Axúdote a completar e mellorar o teu perfil de Google Business para que aparezas cando te buscan en Rianxo.
Si. Podemos preparar a web antes do verán e deixala lista para que actualices horarios e ofertas ti mesmo.
Cóntame que precisas e prepárote unha proposta sen compromiso. Se queres, tomamos un café.