Deseño e desenvolvemento web
Deseño e programo páxinas web rápidas, doadas de usar e preparadas para aparecer en Google. Falas sempre comigo, de principio a fin.
Case todos os teus clientes te buscan no móbil antes de chamarte. Se a túa web tarda en cargar, se ve mal ou directamente non existe, ese cliente vaise á competencia.
Fago webs pensadas para evitalo: que carguen ao momento, que expliquen ben o que fas e que leven a quen as visita a chamarte, escribirte por WhatsApp ou pedirche orzamento.
Código lixeiro e optimizado: a túa web carga en segundos mesmo con pouca cobertura.
Títulos, descricións, datos estruturados e sitemap configurados dende o primeiro día.
Deseñada primeiro para o teléfono, que é onde te vai ver a maioría dos teus clientes.
Formulario, WhatsApp, chamada directa e mapa. Que contactar contigo sexa moi doado.
Cóntasme o teu negocio e o que precisas. Saímos cunha idea clara e un orzamento pechado.
Ensínoche unha proposta visual coa túa marca e axustámola antes de programar nada.
Constrúo a web, optimízoa e próboa en móbil e ordenador.
Publicámola, dóuna de alta en Google e explícoche como actualizala. Se queres, encárgome do mantemento.
Tres niveis segundo o que precises. Sen letra pequena e sen permanencia.
Empresarial
dende 650 €
/ proxecto
Até 8 páxinas, blog, formularios, Google Analytics
Pedir orzamentoApp Web
dende 1000 €
/ proxecto
Funcionalidades avanzadas, área privada, integracións API
Pedir orzamentoIVE incluído
Blog
Desde 199 € unha web sinxela ata máis de 1.000 € unha web a medida. Explicámosche que inflúe no prezo, que gastos adoitan quedar fóra do orzamento e como comparar ofertas.
Blog
Cando alguén busca «fontaneiro preto de min», o primeiro que ve é o mapa. Explicámosche como crear a túa ficha de Google, verificala e facer que apareza.
Blog
Dous fallos críticos en PHP afectan a millóns de webs, incluídas as feitas con WordPress. Explicámosche sen alarmismo que pasou, como saber se a túa web está en risco e que facer.
Depende sobre todo de ter os textos e as fotos. Unha web sinxela adoita estar lista en poucas semanas, e no orzamento douche sempre unha data concreta.
Si. Se vas cambiar textos, prezos ou fotos a miúdo, prepárote un panel sinxelo. Se prefires non tocar nada, pídesmo e cámbioo eu.
Non. A web é túa. O mantemento é opcional, págase mes a mes e podes darte de baixa cando queiras.
Si. Axúdote a ordenar a información e a redactar os textos pensando nos teus clientes e en Google.
Actualizacións, copias de seguridade, pequenos cambios de contido e vixilancia de que todo funcione. Dende 30 € ao mes.
Cóntame que precisas e respóndoche cunha proposta e un prezo pechado, sen compromiso.
Web e app para a túa voda: confirmación de asistencia, horarios, mapa, fotos e avisos en directo. Web dende 99 €, con app dende 799 €.
Vende por internet con pagamentos, envíos e stock baixo control, sen comisións por venda.
Que te atopen en Google e en Google Maps cando buscan o que fas na túa zona.