SEO e publicidade en Google
Traballo a túa web, a túa ficha de Google Maps e, se compensa, os teus anuncios en Google para que cheguen chamadas, mensaxes e visitas de clientes da túa zona.
Nunha comarca coma a nosa, a maioría dos clientes novos chega por unha busca en Google ou en Google Maps. Se a túa ficha está incompleta ou a túa web é lenta, ese cliente remata na competencia aínda que ti sexas mellor.
Empezo polo que non custa por clic: unha web rápida e ben estruturada, unha ficha de Google Business completa e contido que responde ao que a xente busca. Google Ads úsoo cando precisas resultados xa ou para buscas moi disputadas, cun orzamento pequeno e controlado.
Ficha de Google Business completa, categorías, fotos, recensións e presenza en Bing e Apple Maps.
Velocidade, indexación, datos estruturados, versións en varios idiomas e erros de Search Console.
Páxinas e artigos que responden ao que buscan os teus clientes, non textos de recheo.
Campañas de busca por zona e horario, con orzamento diario limitado e palabras negativas ben postas.
Vexo onde estás hoxe fronte á túa competencia na túa zona.
Propóñoche as accións con máis impacto e o seu custo.
Aplícoas na túa web, a túa ficha e, se procede, en Google Ads.
Cada mes revisamos resultados e axustamos.
A auditoría inicial ten prezo pechado e, a partir de aí, podes contratar accións soltas ou un seguimento mensual sen permanencia, con IVE incluído. En Google Ads o orzamento dos anuncios págalo ti directamente a Google coa túa tarxeta; eu só cobro a xestión.
Pedir orzamentoBlog
Cando alguén busca «fontaneiro preto de min», o primeiro que ve é o mapa. Explicámosche como crear a túa ficha de Google, verificala e facer que apareza.
Blog
Desde 199 € unha web sinxela ata máis de 1.000 € unha web a medida. Explicámosche que inflúe no prezo, que gastos adoitan quedar fóra do orzamento e como comparar ofertas.
No SEO local adoitan notarse cambios en poucas semanas, sobre todo en Google Maps. Para buscas máis disputadas falamos de varios meses. Por iso combino SEO con Ads cando precisas resultados antes.
Non sempre. Primeiro reviso a que tes. Se é moi lenta ou non se pode optimizar, dígocho con datos.
Para un negocio local pódese empezar cun orzamento diario pequeno. Axustámolo segundo as chamadas e contactos que chegan, non segundo os clics.
Si. Traballo con negocios de toda Galicia e tamén de fóra. O SEO local adáptase á zona de cada cliente.
Dime o teu negocio e a túa zona e cóntoche como estás fronte á túa competencia.