Transporte e loxística
Desenvolvo ferramentas á medida para empresas de transporte: seguimento para os teus clientes, albarás dixitais asinados no móbil e a documentación de camións e condutores sempre ao día.

Entre o peixe fresco que sae das lonxas, a conserva, o porto de Vilagarcía e a industria do Sar, na zona hai moito transporte frigorífico e de mercadoría xeral. E en moitas empresas a oficina segue funcionando con chamadas, albarás en papel e un Excel coas caducidades.
Empezo polo problema que máis tempo vos custa e resólvoo cunha ferramenta sinxela. Normalmente é o seguimento dos envíos ou o control da documentación; despois imos polo seguinte.
Unha ligazón onde o teu cliente ve o estado do envío, sen chamarte.
Entrega con sinatura e foto no móbil do condutor, e o albará chega só á oficina e ao cliente.
ITV, tacógrafo, seguros, carnés e certificados con aviso antes de que caduquen.
Asignación de cargas e vehículos nun panel en lugar dunha lousa ou un grupo de WhatsApp.
Estudio dixital en Rianxo para todo o Barbanza: páxinas web, tendas online, software á medida e SEO local para negocios de Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son.
Páxinas web, tendas online, software e SEO local para empresas de Vilagarcía, Cambados, O Grove, Sanxenxo e toda a ría de Arousa. Prezo pechado e trato directo.
Páxinas web, software á medida e SEO para empresas e industria de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures e a comarca do Sar. A vinte minutos de Rianxo.
Software á medida, trazabilidade de lotes, pedidos de distribuidores e tenda online para conserveiras, depuradoras, mexilloeiros e empresas do mar do Barbanza e Arousa.
Vou á túa oficina, falo con quen planifica e con algún condutor, e propóñoche algo que vaian usar de verdade.
Precisamente para empresas pequenas os programas grandes adoitan ser caros e complicados. Algo á medida e sinxelo pode saír máis barato e usarse dende o primeiro día.
Pódese facer como aplicación web que se abre dende o móbil, sen pasar pola tenda de apps. Se fai falla funcionar sen cobertura, prepárase para iso.
Se o teu provedor de GPS ofrece conexión (API), si. Revisámolo ao principio.
Temos en conta dende o deseño que a facturación de portes cumpra cando entre en vigor.
Cóntame como traballades e dígoche que automatizaría primeiro.