Vilagarcía, Arousa e O Salnés
Traballo con negocios de Vilagarcía de Arousa e do Salnés: hostalaría, adegas, comercio, empresas do porto e do mar. Webs dende 199 € e proxectos á medida con prezo pechado.

O Salnés é a comarca con máis prazas de aloxamento da costa galega, con Sanxenxo, O Grove e Cambados á cabeza, e a terra do albariño. Vilagarcía suma o porto comercial, o comercio e os servizos de toda a ría, e Carril o seu marisqueo.
Nun mercado así, a competencia en Google é forte no verán e case inexistente no inverno. Unha web rápida, multilingüe e ben posicionada permíteche encher en tempada alta e vender todo o ano.
Reservas directas sen comisións e web en varios idiomas.
Carta dixital, reservas, visitas e tenda online de viño.
Software para depuradoras, mariscadores e empresas loxísticas.
Tenda online, Google Maps e recollida na tenda.
Webs rápidas, claras e preparadas para Google, dende 199 €.
Vende por internet con pagamentos, envíos e stock baixo control, sen comisións por venda.
Programas de xestión, portais de clientes e integracións feitos para a túa forma de traballar.
Que te atopen en Google e en Google Maps cando buscan o que fas na túa zona.
Webs con reservas directas, carta dixital multilingüe e SEO para hoteis, apartamentos, restaurantes e albergues do Barbanza, O Salnés, Arousa e o Camiño.
Software á medida, trazabilidade de lotes, pedidos de distribuidores e tenda online para conserveiras, depuradoras, mexilloeiros e empresas do mar do Barbanza e Arousa.
Software á medida para transportistas e loxística: seguimento de envíos, albarás dixitais con sinatura, control de documentación da frota e portal de clientes.
Tenda online, catálogo con pedidos por WhatsApp e ficha de Google Maps para comercios do Barbanza, Arousa e Galicia. Vende tamén fóra do horario da tenda.
Desprázome a toda a ría de Arousa para as reunións importantes. O resto resolvémolo por teléfono ou videochamada, sempre comigo.
Blog
Cando alguén busca «fontaneiro preto de min», o primeiro que ve é o mapa. Explicámosche como crear a túa ficha de Google, verificala e facer que apareza.
Blog
As empresas de transporte xestionan moitos vehículos, condutores e clientes con ferramentas que non falan entre si. Aquí explicamos como a automatización pode resolver iso.
Si. Estamos na mesma ría e desprázome sen problema. Moitos proxectos, ademais, lévanse moi ben en remoto.
Si. Intégroche un motor de reservas ou un propio, para que non pagues comisión por cada cliente que xa te coñece.
Si, con verificación de maioría de idade, envíos por caixas e a web en varios idiomas.
Cóntame o teu caso e propóñoche unha solución con prezo pechado.