Software á medida e informatización
Cando as follas de cálculo, os papeis e os programas xenéricos xa non dan máis de si, desenvolvo a ferramenta que encaixa con como traballades, e conéctoa co que xa usades.
Moitas empresas de aquí funcionan cun Excel que só entende unha persoa, albarás en papel e chamadas para saber como vai un pedido. Funciona, ata que esa persoa marcha de vacacións ou o volume medra.
O meu traballo é converter iso nunha ferramenta propia: sinxela, rápida, accesible dende o ordenador e o móbil, e cos datos gardados en servidores europeos. Empezamos polo que máis vos doe e medramos por partes.
Pedidos, stock, produción, obras ou servizos nunha soa ferramenta, en lugar de varias follas soltas.
Que os teus clientes consulten pedidos, facturas ou documentos sen chamarte.
Partes de traballo, fotos, sinaturas e listas de comprobación dende o móbil, tamén sen cobertura.
Conectar a túa facturación, a túa tenda online, o teu correo ou a web dun provedor para non teclear dúas veces.
Orzamentos, albarás, certificados e informes que se xeran sós cos teus datos.
Usuarios con permisos, copias de seguridade e aloxamento na Unión Europea, conforme ao RXPD.
Paso un tempo convosco para ver como traballades de verdade.
Amósovos as pantallas antes de escribir código, para corrixir a tempo.
Entregas cada poucas semanas, para que o usedes e o melloremos.
Migración de datos, formación e soporte as primeiras semanas.
Depende do alcance. Por iso divídoo en fases pequenas, cada unha co seu prezo pechado con IVE incluído, e a primeira xa resolve un problema concreto. Así sabes o que investes e o que recuperas antes de seguir.
Pedir orzamentoBlog
As empresas de transporte xestionan moitos vehículos, condutores e clientes con ferramentas que non falan entre si. Aquí explicamos como a automatización pode resolver iso.
Blog
Facenda anunciou outro aprazamento, pero a data legal segue a ser xullo de 2027. Explicámosche que é Veri*Factu, a quen afecta e que facer agora sen agobios.
Se hai un que encaixa, dígocho e axúdoche a implantalo. O software á medida ten sentido cando os programas xenéricos te obrigan a cambiar como traballas ou a pagar por moitas funcións que non usas.
O código e os datos son teus. Uso tecnoloxías estándar (Angular, Python, bases de datos MySQL ou PostgreSQL) para que calquera outro programador poida continuar.
Si. Fágoo como aplicación web que funciona en ordenador, tableta e móbil, e se fai falla, como app instalable.
Na maioría dos casos, si, se o programa ten conexión (API) ou permite importar e exportar datos.
Cóntama e dígoche como informatizala e por onde empezar.