Carpintaría de aluminio, PVC e metálica

Orzamenta en minutos, non nunha tarde

Desenvolvo ferramentas para carpintarías de aluminio e metálicas: orzamentos con medidas e prezos calculados ao momento, control de cada obra e unha web que amose os teus traballos.

Moito oficio, moito papel

Entre O Sar e o Barbanza hai moitos talleres de aluminio, PVC e carpintaría metálica, nunha zona onde a industria do aluminio pesa moito. O traballo no taller está moi afinado, pero os orzamentos seguen facéndose a man ou con follas de cálculo que só entende unha persoa.

Propóñoche empezar por aí: un orzamentador coas túas series, os teus prezos e as túas marxes, que calcule ventás, portas ou pechamentos coas medidas e xere o PDF ao momento. Despois, se queres, o control de obras e a app para os montadores.

Que podo facer polo teu taller

Orzamentador con medidas

As túas series, acabados e prezos: introduces medidas e sae o orzamento co teu logo.

Control de obras

Cada obra co seu estado, medidas, pedidos de material, fotos e datas de montaxe.

App para montadores

Parte de traballo, fotos do antes e o despois e sinatura do cliente no móbil.

Web cos teus traballos

Galería de obras por tipo e por zona para que te atopen en Google.

Exemplos concretos

  • Cálculo de perfís, vidro e accesorios a partir das medidas
  • Pedido de material ao provedor xerado dende o orzamento aceptado
  • Calendario de montaxes compartido entre oficina e equipo
  • Avisos ao cliente da data de instalación por correo ou WhatsApp
  • Facturación conectada para o Verifactu

Para talleres do Sar, o Barbanza e toda Galicia

Vou ao teu taller, ensínasme como orzamentas hoxe e prepárote un prototipo coas túas propias series antes de que decidas nada.

Preguntas frecuentes

Xa hai programas para carpintaría, por que á medida?

Se un deles che encaixa, perfecto. A moitos talleres pequenos resúltanlles caros ou complicados, ou non se adaptan ás súas series e á súa forma de orzamentar. Aí é onde unha ferramenta propia e sinxela compensa.

Podo meter as miñas propias tarifas e marxes?

Si. Ti controlas prezos, series, acabados e marxes, e cámbialos cando o provedor actualiza tarifas.

Funciona na tableta na casa do cliente?

Si. Podes tomar medidas e amosar o orzamento na mesma visita.

Canto tardas hoxe en facer un orzamento?

Cóntamo e amósoche como podería quedar coas túas propias series.