Turismo e hostalaría

Máis reservas directas, menos comisións

Webs rápidas e en varios idiomas para aloxamentos, restaurantes e empresas de turismo das Rías Baixas e o Camiño, con reservas directas, carta dixital e presenza en Google Maps.

O visitante decide no móbil

O Salnés é a comarca da costa galega con máis prazas de aloxamento, o Barbanza enche as súas praias cada verán e o Camiño trae peregrinos todo o ano, co Ano Santo 2027 á volta da esquina. Case todos eles buscan, comparan e reservan dende o móbil.

Se a túa única porta son as plataformas de reservas, pagas comisión ata polos clientes que repiten. Unha web propia, rápida e ben posicionada axúdache a quedar con esa venda e a falar directamente co teu cliente.

Que podo facer polo teu negocio

Reservas directas

Motor de reservas na túa web ou integración co que xa usas, sen comisión por reserva.

Carta dixital multilingüe

Carta en varios idiomas con alérxenos, doada de cambiar cada día.

Google Maps e recensións

Ficha completa, fotos e resposta a recensións para saír en «preto de min».

Respostas automáticas

Preguntas frecuentes, confirmacións e recordatorios por correo ou WhatsApp.

Exemplos concretos

  • Casas rurais e apartamentos con calendario e pagamento de sinal
  • Restaurantes con reservas por quendas e carta con alérxenos
  • Albergues do Camiño con información en varios idiomas
  • Empresas de rutas en barco, kaiak ou enoturismo con venda de prazas
  • Envío de datos de viaxeiros ao Ministerio do Interior integrado na reserva

Rías Baixas, Barbanza e o Camiño

Traballo con negocios turísticos de toda a ría de Arousa, a costa do Barbanza e o Camiño Portugués. Vou verte para coñecer o sitio e facer fotos se fai falla.

Preguntas frecuentes

Teño que deixar Booking ou Airbnb?

Non. A idea é que a web propia che traia cada vez máis reservas directas, sobre todo dos clientes que repiten, mentres segues nas plataformas que che compensan.

Axúdasme co rexistro de viaxeiros?

Si. Se o teu sistema o permite, pódese conectar a reserva co envío dos datos de viaxeiros para non teclealos dúas veces.

A web estará en inglés?

Si, nos idiomas que máis che sirvan: galego, castelán, inglés, portugués, francés ou alemán.

Canto pagas ao ano en comisións?

Cóntame o teu negocio e dígoche canto poderías recuperar con reservas directas.