Automatización e intelixencia artificial

Deixa de perder horas en tarefas que pode facer un ordenador

Analizo como traballas, detecto as tarefas repetitivas e automatízoas. E cando achega valor de verdade, engado intelixencia artificial, cos teus datos baixo control.

IA útil, non fume

A intelixencia artificial está en todas partes, pero moitas empresas non saben por onde comezar ou probaron ferramentas que non encaixan co seu xeito de traballar.

O meu enfoque é práctico: comezamos por un problema concreto que che custa tempo ou diñeiro, resolvémolo e medimos o aforro. Se funciona, seguimos co seguinte.

Exemplos do que podo automatizar

Facturas e documentos

Extraer os datos de facturas, albarás ou PDF e pasalos ao teu programa de xestión ou a unha folla de cálculo sen teclear.

Correos e consultas

Clasificar os correos entrantes, responder preguntas frecuentes e avisarte só do importante.

Asistente cos teus datos

Un chatbot para a túa web ou o teu equipo que responde usando a túa documentación, catálogos ou procedementos.

Informes automáticos

Informes de vendas, stock ou actividade que se xeran sós e che chegan cada semana.

Conectar as túas ferramentas

Que a túa tenda en liña, o teu CRM, a túa facturación e o teu correo se falen sen copiar e pegar.

Citas e recordatorios

Reservas en liña e recordatorios por WhatsApp ou correo para reducir as ausencias.

Que fago en cada proxecto

  • Diagnóstico dos teus procesos e das ferramentas que xa usas
  • Proposta co aforro estimado e o custo
  • Implantación e probas con datos reais
  • Protección de datos e cumprimento do RGPD dende o deseño
  • Formación para o teu equipo
  • Seguimento e axustes despois da posta en marcha

Como traballo

1

Diagnóstico

Revisamos xuntos como traballades e onde se perde máis tempo.

2

Proposta

Propóñoche unha ou dúas automatizacións co aforro estimado e o custo.

3

Implantación

Póñoo en marcha, próboo con datos reais e formo o teu equipo.

4

Medición

Comprobamos o resultado e decidimos o seguinte paso.

Tamén che axudo a informatizar a túa empresa

  • Correo profesional co teu dominio e Google Workspace
  • Documentos compartidos e ordenados na nube
  • Copias de seguridade automáticas
  • Seguridade básica: contrasinais, dobre factor e equipos actualizados
  • Programas á medida cando ningunha ferramenta do mercado encaixa

Canto custa?

Depende da tarefa e das ferramentas que xa uses. Comezamos cun diagnóstico e unha proposta con prezo pechado, para que saibas o que vas aforrar antes de investir.

Pedir orzamento

Preguntas frecuentes

Preciso coñecementos técnicos?

Non. Eu encárgome da parte técnica e déixocho funcionando e explicado.

Que pasa coa privacidade dos meus datos?

É o primeiro que miramos. Sempre que se pode uso servizos aloxados na Unión Europea e configuracións que non usan os teus datos para adestrar modelos, conforme ao RGPD.

A IA vai substituír o meu equipo?

A idea é a contraria: quitarlle tarefas repetitivas para que dedique o seu tempo ao que achega valor. As decisións importantes seguen sendo das persoas.

Funciona cos programas que xa uso?

Na maioría dos casos, si. Se o teu programa ten conexión (API) ou permite exportar datos, pódese automatizar.

Que tarefa che quita máis tempo?

Cóntama e dígoche se se pode automatizar e canto poderías aforrar.