Rutas, entregas e albarás

Cada entrega, asinada e á vista

Unha app sinxela para empresas de transporte e reparto: o condutor confirma con sinatura e foto, a oficina ve o estado de cada ruta ao momento e o cliente recibe o seu albará asinado.

Menos papeis, menos chamadas

Albarás mollados, chamadas para saber se algo chegou, reclamacións sen probas e facturas que agardan á fin de mes. En moitas empresas de transporte da zona o día a día segue así.

A app non cambia a vosa forma de traballar: dixitaliza o que xa facedes. O condutor segue a súa ruta no móbil, o cliente asina na pantalla e todo chega só á oficina e ao cliente.

Que consegues

Albará asinado ao momento

Sinatura, foto, hora e posición en cada entrega, e o PDF sae só por correo.

Oficina en directo

O camión no mapa por GPS dende que sae ata que entrega, e que está pendente ou entregado, sen chamar ao condutor.

Seguimento para o cliente

Unha ligazón onde o teu cliente ve cando chega o seu pedido e descarga o albará.

Incidencias rexistradas

Ausencias, danos ou rexeitamentos quedan con foto e comentario no momento.

Que inclúe

  • App do condutor con rutas, paradas, navegación e GPS mentres dura a ruta
  • Proba de entrega con sinatura, foto, hora e posición, tamén sen cobertura
  • Albará en PDF enviado automaticamente ao cliente e á oficina
  • Panel de oficina co estado de cada ruta e as incidencias
  • Ligazón de seguimento para o cliente
  • Usuarios con permisos e aloxamento en servidores europeos

Como a poñemos en marcha

1

Visita

Falo con quen planifica e con algún condutor para ver como traballades.

2

Configuración

Adapto a app aos vosos clientes, rutas e documentos.

3

Proba

Unha ruta de proba cun camión antes de estendelo a todos.

4

En marcha

Formación curta e soporte as primeiras semanas.

Se o precisas, tamén

  • Planificación de rutas e asignación de cargas
  • Rexistro de temperatura para cargas refrixeradas
  • Documentación de vehículos e condutores con avisos de caducidade
  • Facturación de portes conectada co teu programa

Próbaa agora

Esta é unha app de exemplo para unha empresa inventada. Comeza a ruta, segue o camión por GPS ata cada parada, entrega con sinatura e mira como se actualizan a oficina e o seguimento do cliente.

Demo de rutas: app do condutor, panel de oficina e seguimento do cliente
Condutor, oficina e cliente á vez
App do condutor co mapa da ruta, a distancia e a hora de chegada por GPS
Ruta con GPS ata a entrega

Canto custa?

Depende do número de vehículos e das integracións que precises. Dou un prezo pechado con IVE incluído para a posta en marcha e unha cota mensual polo aloxamento e o mantemento, sen permanencia.

Pedir orzamento

Preguntas frecuentes

Os condutores teñen que instalar algo?

Non é necesario: ábrese no navegador do móbil e gárdase coma unha app. Funciona sen cobertura e sincroniza cando volve a conexión.

Serve para poucos camións?

Si, está pensada precisamente para empresas pequenas e medianas, dende un ou dous vehículos.

Conéctase co meu programa de facturación?

Na maioría dos casos si, se o programa ten conexión (API) ou permite importar datos.

E a normativa de documentos electrónicos?

Dende xullo de 2027 as autoridades da UE deberán aceptar a información de transporte en formato electrónico (eFTI). A app pódese preparar para conectarse con esas plataformas.

Cantas chamadas ao día para saber onde está un pedido?

Cóntame como traballades e amósoche a app coas túas rutas.