Barbanza
Webs, tendas online, programas á medida e posicionamento en Google para negocios de Rianxo a Porto do Son. Con oficina en Rianxo e trato directo con quen fai o traballo.

O Barbanza ten un dos portos pesqueiros máis importantes de Galicia en Ribeira, conserveiras en Boiro, A Pobra e Rianxo, bateas en toda a ría, unha rede de transporte que move mercadoría a diario e un turismo que enche as praias cada verán.
Case todas as axencias dixitais que traballan con empresas de aquí están en Santiago, Vigo, Madrid ou Málaga. Eu traballo dende Rianxo: se o precisas, paso polo teu negocio, vexo como traballades e propóñoche algo que encaixe, con prezo pechado.
Tendas online de conserva, trazabilidade de lotes e pedidos de distribuidores.
Seguimento de envíos, albarás dixitais e control da documentación da frota.
Escaparate e tenda online, Google Maps e pedidos por WhatsApp.
Reservas directas, carta dixital en varios idiomas e SEO para o verán.
Webs rápidas, claras e preparadas para Google, dende 199 €.
Vende por internet con pagamentos, envíos e stock baixo control, sen comisións por venda.
Programas de xestión, portais de clientes e integracións feitos para a túa forma de traballar.
Que te atopen en Google e en Google Maps cando buscan o que fas na túa zona.
Menos tarefas repetitivas: facturas, correos, informes e asistentes cos teus datos.
Apps para iOS e Android con React Native, ou apps web máis económicas.
Deseñador web en Rianxo: páxinas web dende 199 €, apps e automatización para negocios de Rianxo e as súas parroquias. Trato en persoa, sen intermediarios.
Páxinas web dende 199 € para comercios, empresas e servizos de Boiro. Webs rápidas, preparadas para Google e con trato próximo, a poucos minutos de ti.
Páxinas web dende 199 €, tendas online e SEO local para negocios da Pobra do Caramiñal: hostalaría, comercio, conserva e mar. Preto de ti, con trato en persoa.
Deseño web en Ribeira dende 199 €: webs para hostalería, comercio, sector do mar e turismo en Ribeira, Aguiño, Palmeira e Corrubedo. Orzamento sen compromiso.
Software á medida, trazabilidade de lotes, pedidos de distribuidores e tenda online para conserveiras, depuradoras, mexilloeiros e empresas do mar do Barbanza e Arousa.
Software á medida para transportistas e loxística: seguimento de envíos, albarás dixitais con sinatura, control de documentación da frota e portal de clientes.
Tenda online, catálogo con pedidos por WhatsApp e ficha de Google Maps para comercios do Barbanza, Arousa e Galicia. Vende tamén fóra do horario da tenda.
Webs con reservas directas, carta dixital multilingüe e SEO para hoteis, apartamentos, restaurantes e albergues do Barbanza, O Salnés, Arousa e o Camiño.
Orzamentador con medidas, control de obras e instalacións, app para montadores e web con catálogo de traballos para carpintarías de aluminio, PVC e metálicas.
Teño a oficina en Rianxo e desprázome por toda a comarca, tamén a Lousame, Noia e Padrón. Escríbeme antes por WhatsApp e quedamos onde mellor che veña.
Ver en Google MapsBlog
Cando alguén busca «fontaneiro preto de min», o primeiro que ve é o mapa. Explicámosche como crear a túa ficha de Google, verificala e facer que apareza.
Blog
Desde 199 € unha web sinxela ata máis de 1.000 € unha web a medida. Explicámosche que inflúe no prezo, que gastos adoitan quedar fóra do orzamento e como comparar ofertas.
Blog
Facenda anunciou outro aprazamento, pero a data legal segue a ser xullo de 2027. Explicámosche que é Veri*Factu, a quen afecta e que facer agora sen agobios.
Non, traballo con clientes de toda Galicia e de fóra. Pero se estás na comarca, podo ir en persoa sempre que faga falla.
Falas directamente con quen deseña e programa, sen comerciais nin intermediarios. Iso nótase no prezo e nos prazos.
Si. Desenvolvo software á medida, tendas online e integracións coa túa facturación, ademais de webs e apps.
Si. Configuro e optimizo a túa ficha de Google Business para que aparezas cando buscan o teu servizo na comarca.
Cóntame que precisas e respóndoche en menos de 24 horas.