Sector do mar e conserva
Dende Rianxo, en plena ría de Arousa, desenvolvo ferramentas para controlar lotes, pedidos e stock, e tendas online para vender o teu produto directamente, en España e fóra.

As rías de Arousa e Muros-Noia concentran boa parte do mexillón de Galicia, a lonxa de Ribeira é unha das máis importantes en pesca fresca e no Barbanza hai conserveiras de todos os tamaños. Aínda así, moitas empresas seguen controlando lotes, entradas e pedidos con papel, correo e follas de cálculo.
Non vendo un programa xenérico. Séntome contigo, vexo como entra a materia prima, como se produce e como sae, e desenvolvo só o que precisas: trazabilidade, pedidos, stock, documentos ou unha tenda para venderlle directamente ao consumidor.
Dende a entrada da materia prima ata a lata ou o saco, co seu lote, data e destino, consultable en segundos.
Un portal para que tendas e distribuidores fagan pedidos e vexan as súas facturas sen chamarte.
Vende conserva, marisco ou mexillón directamente, con lotes de agasallo e envíos a toda España.
Web en inglés e outros idiomas, con fichas técnicas e certificados descargables.
Estudio dixital en Rianxo para todo o Barbanza: páxinas web, tendas online, software á medida e SEO local para negocios de Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son.
Deseño web en Ribeira dende 199 €: webs para hostalería, comercio, sector do mar e turismo en Ribeira, Aguiño, Palmeira e Corrubedo. Orzamento sen compromiso.
Páxinas web dende 199 € para comercios, empresas e servizos de Boiro. Webs rápidas, preparadas para Google e con trato próximo, a poucos minutos de ti.
Software á medida para transportistas e loxística: seguimento de envíos, albarás dixitais con sinatura, control de documentación da frota e portal de clientes.
Coñezo o sector porque vivo nel: en Rianxo o mar está en cada conversa. Vou á túa nave ou á túa oficina para ver o proceso real antes de propoñer nada.
Non necesariamente. Se o teu programa permite conexión ou importar datos, integrámolo e só engadimos o que falta.
Si, pódese preparar para funcionar sen conexión e sincronizar cando volve a cobertura.
Si. Móntoche a tenda con pagamentos, envíos e lotes de agasallo, e conectámola co teu stock para non vender o que non tes.
Depende do que precises. Dividímolo en fases con prezo pechado, empezando polo que máis tempo che fai perder.
Cóntamo e dígoche como informatizala e por onde empezar.