dez anos, tres mudanzas e un can
A nosa historia
-
Entroido, Rianxo
2016
Coñecémonos
No Entroido de Rianxo. El ía de pirata e ela de polbo. Ninguén sabe quen lle falou a quen primeiro.
-
Lisboa, con choiva
2017
Primeira viaxe
Unha furgoneta prestada, Lisboa e catro días de choiva. Volvemos sabendo que podiamos aguantarnos.
-
Santiago, 4.º sen ascensor
2019
O primeiro piso
Un cuarto andar sen ascensor en Santiago. Primeiro sofá que non subía pola escaleira.
-
A xefa da casa
2021
Chegou Lúa
Unha cadeliña da protectora que agora manda na casa. Tamén vén á voda.
-
Rianxo, por fin
2023
Volta á beira do mar
Terceira mudanza (da segunda mellor non falar), esta vez a Rianxo, preto de onde empezou todo.
-
Monte Pindo, ao solpor
2025
A pedida
No Monte Pindo, ao solpor. Ela dixo que si antes de que el acabase a frase.
-
e vós, alí
2027
Casámonos
O 12 de xuño, convosco. Só falta que confirmedes.