«A que hora é a cerimonia?», «Onde aparco?», «Hai autobús de volta?», «Podo levar acompañante?». Se casas, vas responder esas preguntas decenas de veces. Unha web de voda respóndeas por ti, unha soa vez e para todos os convidados.
Por que ter unha web de voda
- Toda a información nunha única ligazón. Envíala por WhatsApp ou pona no convite cun código QR.
- Confirmación de asistencia ordenada. Nada de apuntar nunha libreta quen vén, quen trae acompañante ou quen é vexetariano.
- Pódese actualizar. Se cambia un horario ou o autobús, cámbiaso na web e todos o ven.
- É un recordo. Despois da voda, a web pode converterse nun álbum coas fotos.
Que incluír na web da túa voda
O imprescindible
- Data e lugares da cerimonia e do banquete, con mapa de cada un.
- Horario do día: cerimonia, cóctel, banquete, festa.
- Confirmación de asistencia (RSVP): nome, acompañante, número de persoas, alerxias ou menú especial, e se usará o autobús.
- Como chegar e aparcar.
- Contacto dalguén a quen preguntar (que non sexades vós o mesmo día).
Moi recomendable
- Transporte: horarios e paradas do autobús, sobre todo se hai convidados que van beber.
- Aloxamento: hoteis ou casas rurais preto, con ligazóns.
- Código de vestimenta. Se a voda é nunha finca ou ao aire libre, avisa do calzado e de que pode refrescar pola noite.
- Lista de agasallos ou como facer o voso agasallo, explicado con naturalidade.
- A vosa historia e algunha foto: é o que máis miran os convidados.
Extras que funcionan moi ben
- Conta atrás ata o gran día.
- Galería compartida para que os convidados suban as súas fotos despois da voda.
- Playlist: que os convidados propoñan cancións para a festa.
- Preguntas frecuentes: nenos, mascotas, hora de remate…
Ideas se casas en Galicia
- Convidados de fóra. Se vén xente doutras comunidades ou doutros países, engade unha sección de que ver na zona, como chegar desde os aeroportos de Santiago ou Vigo e canto se tarda.
- O tempo. Aquí non está de máis un plan B para a chuvia e recomendar levar algo de abrigo, mesmo no verán.
- Pazos e fincas. Moitos están en sitios que o GPS non atopa ben. Un mapa coa entrada exacta e unha foto do acceso evitan moitas chamadas.
- Idiomas. Se tedes familia ou amizades de fóra, unha web en galego, castelán e inglés fai que todos se sintan benvidos.
Privacidade
Na web van aparecer os vosos nomes, a data e os lugares. O recomendable é:
- Que non apareza en Google, para que só chegue quen ten a ligazón.
- Se queredes máis privacidade, protexer a web ou a confirmación de asistencia cun contrasinal sinxelo que poñades no convite.
- Pedir só os datos que necesitades no formulario de asistencia.
Web, convite dixital ou app
- Convite dixital: unha imaxe ou tarxeta bonita, pero con pouca información e sen confirmación de asistencia.
- Web: o mellor dos dous mundos. Ábrese desde calquera móbil, sen instalar nada, e pode ter toda a información e o formulario.
- Web + app nativa: se queres o máximo —buscador de mesa, novidades en directo, galería proxectable na festa, avisos do autobús—, podemos facer unha app para a túa voda que os convidados descargan con QR. É unha experiencia diferente.
A combinación ideal para a maioría: convite en papel ou dixital cun código QR que leve á web.
Canto custa unha web de voda?
Depende do que queiras incluír. En PDCG temos tres opcións, todas co IVE incluído:
- Web básica, desde 99 €: unha páxina coa información, o horario, o mapa e unha confirmación de asistencia sinxela.
- Web completa, desde 299 €: deseño á medida, panel para ver quen vén, galería onde os convidados soben as súas fotos, varios idiomas, contrasinal e invitación con QR.
- Web + app, desde 799 €: a web completa máis unha app para iPhone e Android coas vosas cores, con buscador de mesa, avisos en directo, avisos do autobús e galería proxectable.
Podes ver todo o que inclúe cada opción en webs e apps para vodas e eventos.
Se casades nos próximos meses, canto antes teñades a web, antes poderedes enviala e comezar a recibir confirmacións. Escríbenos coa data da voda e contámosvolo.
Preguntas frecuentes
Con canta antelación convén ter a web?
O ideal é tela lista cando enviedes os convites, normalmente entre catro e seis meses antes da voda, para que os convidados teñan tempo de organizarse e confirmar.
Os convidados maiores saberán usala?
Si, se está ben feita: textos grandes, botóns claros e un formulario curto. E sempre convén deixar un teléfono de contacto para quen prefira chamar.
Serve tamén para outros eventos?
Si. Bautizos, comuñóns, aniversarios, cumpreanos ou eventos de empresa funcionan igual: información, localización e confirmación de asistencia.
Que pasa coa web despois da voda?
Podedes mantela como recordo coas fotos, ou dala de baixa. Decidídelo vós.