← Volver a proxectos

Web + zona de membros · Cliente en Rianxo

Triatlón Rianxo

En probas co clube

Web pública bilingüe e zona privada para o Club de Triatlón Rianxo: plans de adestramento personalizados, calendario de carreiras, tests e seguimento de atletas.

Ver web ↗

Rol

Deseño e desenvolvemento completo: web pública, zona de membros, panel do adestrador, base de datos e despregamento.

Reto

O clube precisaba unha páxina web en galego e castelán para darse a coñecer e posicionar en Rianxo e o Barbanza. Ademais, querían unha zona privada para atletas, familias e adestrador que substituíse os Excel e Word que circulaban por WhatsApp. Os datos dos nenos da escola tiñan que quedar protexidos.

Solución

  • • Web pública bilingüe (galego / castelán) coa identidade do clube, a escola, carreiras, novas e patrocinadores, e SEO completo: hreflang, sitemap e datos estruturados.
  • • Zona de membros só por invitación (ligazón por WhatsApp), con roles de admin, adestrador, atleta e titor. Os perfís dos nenos só os ven as súas familias e os adestradores.
  • • Calendario de carreiras de Galicia, España e Portugal: quen vai a cada unha, con distancia e prezo. A web pública só mostra as carreiras con alguén apuntado, sen nomes.
  • • Tests de natación, carreira e bici: a app calcula os ritmos e zonas de cada atleta e o adestrador confírmaos.
  • • Plans semanais xerais, por grupo ou individuais: o adestrador créaos arrastrando sesións ou importándoos dende Word ou Excel; cada atleta ve os seus ritmos persoais xunto a cada zona e marca o que fixo; o adestrador ve o seguimento e pode exportalo a Excel.

Resultado

Web e zona de membros despregadas e en probas co adestrador e a directiva, antes de pasar ao dominio propio do clube.

Panel de adestramento semanal mostrando a semana 9-15 novembro con exercicios de ximnasio, natación, carreira e bici
Calendario de carreiras do clube mostrando eventos de novembro 2026 en Galicia

Tecnoloxías

Frontend / app

Astro TypeScript CSS propio Schema.org

Backend e datos

Python FastAPI MySQL (procedimientos almacenados)

Infraestrutura

Hetzner Cloud (Alemania) Caddy systemd

Servizos relacionados